Catro editoras únense na colección Módicos

2.0, Positivas, Rinoceronte, Urco participan na iniciativa

24/5/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Unha colección de obras que só se pode adquirir por Internet e que teñen un prezo fixo de 9,90 euros. Esta é a proposta que presentan mañá 2.0, Positivas, Rinoceronte e Urco na Galería Sargadelos de Compostela. Os volumes da colección estarán unicamente dispoñibles a través do web toupa.net. Entre os primeiros lanzamentos están obras xa publicadas polas diferentes firmas, como Planilandia, ou A casa das belas adormentadas. En breve estará tamén dispoñible a Guía do autoestopista galáctico ou Historia universal de Paniceiros entre outras.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Galería, Internet, Guía, Galería Sargadelos...