Dispoñible en lingua galega o Calendario Científico Escolar 2024

Pódese descargar de balde

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:
Dispoñible en lingua galega o Calendario Científico Escolar 2024

O Calendario Científico Escolar, unha iniciativa do Consello Superior de Investigacións Científicas, dispón xa dunha versión en galego traducido pola Unidade de Divulgación Científica e Cultural e o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña. O calendario recolle 366 efemérides do ámbito científico e tecnolóxico e está dirixido ao alumnado de educación primaria e secundaria. Ademais, inclúe unha guía didáctica con orientacións para o seu aproveitamento educativo nas aulas. O calendario pódese descargar de xeito gratuíto.

Que che parece esta nova?
109 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lingua galega, Secundaria, Guía, Normalización Lingüística...