O sector editorial celebrará as vodas de prata do libro infantil e xuvenil

Un convenio entre os editores e a administración potenciará o libro dixital

22/5/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Neste 2013 cúmprense os 25 anos da edición de títulos para o público infanti e xuvenil. Unha efeméride que a Asociación Galega de Editores (AGE) vai celebrar no marco dun convenio coa Consellaría de Educación e Cultura. Un documento que contempla a organización de actividades formativas relacionadas coa creación de libros dixitais e a promoción da venda en liña, tanto do libro físico como do dixital. Búscase así potenciar novos produtos para novos públicos. Este convenio concreta o xa anunciado con anterioridade, a recuperación da feira do libro de Fránkfurt como cita a que os editores asistirán co apoio da Xunta.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Editores, Feira do Libro, Educación, Feira...