Os editores galegos estarán na Feira de Boloña de 2010

Cultura apoiará a presenza internacional do libro infantil e xuvenil

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O director xeral de Promoción e Creación da Cultura, Francisco López Rodríguez, asegurou o apoio da Consellaría de Cultura á promoción internacional do libro infantil e xuvenil galego. Rodríguez mantivo esta mañá un encontro cos representantes da asociación GALIX na que garantiu a colaboración de Cultura na elaboración dun catálogo destas obras que se presentará na vindeira edición da Feira Internacional de Boloña, en 2010. Ademais, as dúas entidades colaborarán na promoción dos libros galegos para o máis novos na coñecida Biblioteca da Xuventude de Múnich, e baralla a posibilidade de organizar unha semana de actividades no exterior para dar a coñecer este ámbito da nosa cultura.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feira, Boloña, Editores, Xuventude

Claves

Lugares