O museo arqueolóxico de Ourense precisa dun novo informe para rematar as obras

A actividade continúa con varias exposicións, unha delas sobre o Padre Feijoo

| Santiago. Redacción | Seccións: HistoriaExposicións
Compartir:
Reconstrucción en 3D das diferentes fases do edificio do Museo

Reconstrucción en 3D das diferentes fases do edificio do Museo

Pechou en 2002 coa intención de acometer unha reforma temporal de dous anos. Pero leva once e non ten perspectiva de abrir en breve. Así o confirmou o secretario xeral e Cultural, Anxo Lorenzo, que anunciou que o recinto necesita outro plan técnico. Na presentación da programación para este ano, Lorenzo apuntou que o Ministerio de Cultura se comprometeu a sacar a concurso a redacción do novo proxecto este ano e poder licitar en 2014 as obras pendentes. Con todo, malia que o centro estea pechado non está paralizada a súa actividade. A primeira delas será unha exposición que dea conta dos traballos xa reaizados osbre o antigo pazo episcopal. Despois, de cara a finais de ano, está prevista unha exposición que exhibirá 41 pezas restauradas no laboratorio do Museo. Mentres traballa cunha gran mostra sobre a figura do Padre Feijoo para o 2014.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo Arqueolóxico de Ourense, Exposicións, Anxo Lorenzo, Ministerio de Cultura...