Hai menos cartos si, pero mantemos a continuidade do que vimos construíndo desde o inicio da lexislatura. Así se expresaba o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, cando compareceu a petición propia na comisión cuarta do Parlamento para explicar as liñas de actuación cultural para 2014. A novidade: que malia os recortes continúan todos os proxectos en marcha.
Con cifras sacadas do Anuario de Estatísticas culturais que edita anualmente o Ministerio de Cultura, o secretario xeral de Cultura comezou facendo un diagnóstico da situación actual da cultura galega. Para el nada compracente e moi crítico coa realidade para a oposición unha crónica do disparate, en palabras de Ana Pontón (BNG), ou un soño teatralizado para José Javier Ron Fernández (ANOVA). Nesa fotografía fixa Galicia foi a sexta comunidade en gasto público por habitante ( ) consegue a manter a porcentaxe de empresas culturais nun 5%, superior á media por habitante ( ) e vivindo a maior crise económica coñecida malia a que se mantén a axenda e o traballo constante. E nese contexto, no que non temos recursos a esgalla pero non partimos da nada porque temos unha base cultural activa e de calidade describiu as que serán as liñas de traballo.
As liñas de traballo
Continuidade do que vimos construíndo desde o inicio da lexislatura. Así de sintético e rotundo foi Lorenzo antes de pasar a describir as liñas de estratexia política da secretaría xeral que dirixe para este ano 2014. E iso concrétase en continuidade en seis ámbitos concretos: políticas de servizo cultural básico, sinerxía entre os ámbitos cultural e educativo; conservación e posta en valor do patrimonio cultural; modelo de financiamento conxunto con empresas e particulares; deseño dunha estratexia cultural que favorece a cohesión social e o equilibrio territorial e, por último internacionalización.
Seis liñas que serven para resumir e avanzar o que vai ser o futuro deste 2014 en ámbito cultural que pasa por entender a cultura como un servizo público básico para que a cidadanía cree a súa identidade pero tamén como xeradora de emprego apuntou. No fondo non houbo ningún anuncio, non se concretou ningunha medida nova, senón que aproveitou para defender a supervivencia de moitos programas, aínda con baixos recursos. Recoñezo o mal momento que está pasando o sector do libro, pero seguimos apoiándoo dentro da escaseza que estamos a vivir e nese contexto encadrou a ampliación da cobertura da feiras do libro, que ese ano aumenta unha cita no seu calendario, e mantendo as cifras. A responsabilidade é loita para que os presupostos para a cultura sexan destacados dentro dos da autonomía. Non é cuestión de que sexa consellaría ou non, senón de orzamentos apelou o deputado socialista, Francisco Caamaño. A visión de Lorenzo foi diferente e na súa primeira quenda de réplica, insistiu na importancia de manter, aínda con recortes importantes, algunhas entidades. O Centro Dramático Galego é un dos teres que existen en España. Só está o Centro Dramático Nacional, o catalán e o galego, que cumpre trinta anos de existencia. O resto, como o de Aragón ou de Andalucía foron pechando apuntou na descrición das liñas de actuación no ámbito das artes escénicas.
Recoñeceu a desatención en programas concretos, como a catalogación de órganos de Galicia. É un proxecto de patrimonio cultural que tivo un forte financiamento inicialmente pero que a día de hoxe non se pode seguir, aclarou.
Malia as continuadas acusacións de desleixo e de falta de diálogo por parte dos deputados da oposición (BNG, Anova e PsdG-PSOE), Lorenzo insistiu na comunicación continuada cos axentes culturais. Non hai ningún sector da cultura co qu non haxa diálogo nin comunicación permanente explicou como marco xeral para, posteriormente, pasar a concretar o caso do audiovisual o sector saber perfectamente cando van saír e que contías poden dedicar a esas liñas.
Desmentir os datos do INE, que contabilizaba en 45 o número de bibliotecas pechadas cando só foi unha; os importes para compra de libro en galego, o importe para o teatro afeccionado, as liñas de actuación exterior para o libro, audiovisual e cultura; os programas de apoio de creación coreográfica, así como a retirada da parte deteriorada da exposición permanente da Illa de San Simón e o plan de xestión público-privado da Cidade da Cultura centraron o resto da intervención.
Un relatorio que para a nacionalista Ana Pontón, xa supón unha parte máis dun goberno sen rumbo no que nin o conselleiro acode a intervir no Parlamento, que para Anova non dá máis que mostras da falta de transparencia e para os socialistas fala das políticas públicas con subordinadas e algunha copulativa pero que desatende as cousas pequenas.