CCG e Xunta celebran o 250 aniversario do pasamento de Benito Feijoo

Exposicións, simposios, materiais audiovisuais e guías de lectura forman parte do programa

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O Consello da Cultura Galega e a Xunta de Galicia presentaron hoxe en Ourense a programación de actividades para conmemorar o aniversario do pasamento do Padre Feijoo, unha das figuras claves da intelectualidade e da ilustración galega e castelá. Unha exposición no centro social Afundación de Ourense titualada "O Padre Feijoo, cidadán libre da República Literaria", organizada pola Consellería, e que se centrará na vida e obra do pensador. Outra exposición abrirase o 26 de setembro no Arquivo de Galicia titulada "Padre Feijoo, o ronsel dun sabio". E o CCG convocará un seminario titulado "B.J. Feijoo, renovador do pensamento da Ilustración", o 9 de outubro.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

O padre Feijoo hoxe

O padre Feijoo hoxe

O Consello da Cultura repasa a figura do pensador ilustrado cun encontro en Ourense

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense, Exposicións, República, Arquivo de Galicia...