As obras do cidadán da República das Letras

Repasamos as dúas principais obras do erudito Feijoo

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
As obras do cidadán da República das Letras

Co gallo do 250 aniversario do pasamento de Benito Feijoo, o Consello da Cultura Galega e a Xunta de Galicia organizan unha programación especial para poñer en valor o traballo do erudito ourensán. Pero, cales foron as obras e os feitos que fixeron a Feijoo merecentes desta atención? Damos acceso ás obras completas do frade para que poidas coñecer a súa escrita e pensamento.

Benito Xerome Feijoo naceu no Pereiro de Aguiar, lugar de Casdemiro, en 1676, e morreu en Oviedo en 1764. Foi unha figura clave da Primeira Ilustración, amigo de Martín Sarmiento e un intelectual singular no concerto da cultura, ata o punto que os propios monarcas españois recibírono, protexérono de ataques e tivérono en consideración. Foi o creador do ensaio en español.

As dúas principais obras de Feijoo son:

Teatro crítico universal (1726-1739)
A principal obra de Feijoo estaba estruturada en 118 “discursos”, nos que polemizaba sobre todo tipo de temas, aludindo especialmente á superstición e ao seu combate. O Teatro Crítico Universal está construido a partir da divulgación de todo tipo de achados científicos co obxectivo de eliminar a superstición e propagar o coñecemento. Feijoo escribe estas horas na súa madurez intelectual, a partir dos cincuenta anos. Esta obra foi moi polémica e discutida en España.

Pincha aquí para consultar as súas obras

Cartas Eruditas y curiosas. (1742-1760)
Unha continuación do Teatro Crítico Universal, trátase dunha espectacular recompilación de avances técnicos e conceptuais que se estaban a producir en Europa neses momentos, canda a revisión e propostas ao redor de feitos acaecidos que dan pé a que Feijoo explique, propoña e aclare cuestións de todos os ámbitos técnicos, científicos, sempre dentro da estrita ortodoxia católica.
Pincha aquí para consultar as súas obras

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

O padre Feijoo hoxe

O padre Feijoo hoxe

O Consello da Cultura repasa a figura do pensador ilustrado cun encontro en Ourense

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con República, Consello da Cultura Galega, Xunta de Galicia, Teatro...