PortAmérica fecha o seu cartel

O festival elebrarase os vindeiros 18, 19 e 20 de xullo en Nigrán

16/5/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Banda de Turistas, Editors, Gin Ga, La Habitación Roja, Niños Mutantes, Niño y Pistola, Sala & the Strange Sounds, Sethler e Vetusta Morla son as incorporacións que completan o cartel de PortAmérica. O festival que se celebrará en Nigrán entre o 18 e o 20 de xullo ten xa á vendas as entradas e contará cun total de 24 bandas. Ademais, o evento contará de novo coa presenza do grupo nove no apartado gastronómico, e acollerá a estrea de Portamérica año cero, un documental que recolle a xestación deste evento e que conta coa participación do propio público do evento, a achegar as súas propias gravacións. O proxecto está dirixido por Alberto Baamonde e Alexandre Cancelo.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Portamérica, Nigrán, Documental

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares