
Nun só acto o festival Ribeiro Son do Viño presentou a súa quinta edición e o contido do seu cartel para este ano. O evento patrocinado desde a Denominación de Orixe dos Viños do Ribeiro combina música en directo con degustacións de viños no entorno da praia da Barrosa, en San Vicente do Mar. O 14 de xullo reunirá ali as actuacións ao longo da xornada de O Sonoro Maxín, Esteban y Manuel, Bifannah, Marem Ladson, Pardo e Baiuca. Outro cartel pechado o ven de presentar nun acto multitudinario o Fa Ce La fest de Lugo. O evento que se celebrar na cidade das murallas os días 25 e 26 do mes que ven presenta un total de 19 propostas musicais. Á seis que xa coñecemos en febreiro ( Las Ruínas, Joana Serrat, Carolina Duarte, Abuela Te quiero, Sigilu e Papaya) súmanse agora nomes importantes como Sr. Chinarro, Apartamentos Acapulco, Músculo!, Fogbound, Rufus T. Firefly, Esteban & Manuel, Atrás tigre, Doctor Explosión, Ramirez Exposure presents Marc Jonson y Richard Lloyd, KADETTGSI, Berta Franklin, Indomable e Calcutá.
Noutra orde de novas esta semana puidemos saber tamén que o FIV de Vilalba que se celebrará a vindeira fin de semana de 27 e 28 de abril lucirá un cheo absoluto ao comunicarse o seu sold ut para esta edición. Esgotadas están tamén as entradas para o terceira xornada do Festival O Son do Camiño de Santiago, que se puxeron á venda nos formatos de entrada diaria para cada unha das xornadas tras esgotar os abonos nun só día o pasado marzo. Segundo a última comunicación da organización as entradas para o 30 de xuño, xornada encabezada por Lenny Kravitz, xa non se poden conseguir pero aínda quedan algunhas, 1000 e 1500 respectivamente, para o xoves e venres do festival.