Vilalba celebra o FIV os vindeiros 29 e 30 de abril

SonRías Baixas e Portamérica fechan os seus carteis para o verán

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Vilalba celebra o FIV os vindeiros 29 e 30 de abril

Xoel López, Supersubmarina, Izal ou Dorian son algúns dos nomes que fan parte do cartel da edición deste ano do FIV. Vilalba acolle un ano máis o seu festival de música indie a achegar unha selección de grupos estatais os días 29 e 30 deste mesmo mes. Pola súa banda, dúas citas de verán, o Portamérica e o SonRías Baixas fecharon tamén estes días o seu cartel. No caso do Portamérica, Bunbury, Amaral, The Undertones e Molotov encabezan os nomes dunha edición que se celebrará os días 15 e 16 de xullo en Nigrán. Canda a eles, León Benavente, Talisco, Pony Bravo, Furious Monkey House, Leiden, Amaro Ferreiro ou Retrovisor fan parte dun programa que perde un día de concertos a respecto da última edición.

SonRías Baixas, pola súa banda, completa con La Gran Pegatina, Vendetta, Chotokoeu e Gold & Colt a listaxe de grupos de visitarán Bueu os días 5 e 6 de agosto. A cita chega así a 12 actuacións que teñen os directos contundentes como denominador común. Soziedad Alkoholika, Heredeiros da Crus, Lendakaris Muertos ou Boikot son outros nomes que visitarán a vila.

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Portamérica, Vilalba, SonRías Baixas, Xoel López...