Cristina Pato faise co Premio Trasalba

A Fundación Otero Pedrayo recoñece a proxección internacional da música

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

O Premio Trasalba, que outorga anualmente a Fundación Otero Pedrayo, foi na súa XXXI edición para Cristina Pato. A Xunta de Goberno desta entidade facía público esta mañá o seu acordo de recoñecer "a súa proxección internacional, a súa condición de representante dunha nova xeración de artistas comprometidos coa difusión da nosa cultura polo mundo e a calidade obxectiva da súa actividade artística e profesional" da gaiteira e pianista. A entrega celebrarase o vindeiro 30 de xuño nun acto na Como é tradición, a Festa Literaria de Trasalba celebrarase na Casa Grande de Cimadevila (Amoeiro). O arquiveiro e ensaista Pablo Sánchez Ferro encargarase da laudatio da galardoada e con posterioridade a Fundación editará un libro sobre o premio ao que se incorporará un CD con composicións de Pato.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Trasalba, Cristina Pato, Ramón Otero Pedrayo, Fundación Ramón Otero Pedrayo