Antía Cal leva o Premio Trasalba

A Fundación Otero Pedrayo recoñeceu o traballo desta pedagoga pioneira

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O traballo de renovación pedagóxica que desenvolveu Antía Cal durante o franquismo no colexio Rosalía de Vigo valeulle recibir a esta pedagoga o Premio Trasalba 2012. A Fundación Otero Pedrayo decidiu recoñecer o labor de Cal a prol do galego desde este centro, no que desenvolveu escola laica, mixta e que xa apostaba por unha formación bilingüe en inglés. A entrega do galardón realizarase nunha cerimonia na Casa Grande de Cimadevila (Amoeiro) o domingo 24 de maio. Xesús Alonso Montero será o encargado da laudatio da homenaxeada.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Antía Cal, Trasalba, Xesús Alonso Montero, Franquismo...