A deseñadora coruñesa Sara Coleman figura entre os 29 finalistas do premio internacioanl Woolmark Prize 2013/14. A coñecida compañÃa de lá merino seleccionou esta listaxe entre os mellores deseñadores emerxentes de Asia, Australia, Europa, Oriente Medio e USA. Agora, cada finalista deberá deseñar unha colección feita de lá merino e presentar seis estilismos e un look completo para un panel profesional nun dos cinco eventos que terán lugar ente xuño e xullo. Coleman presentará a súa proposta en Milán. O ganador recibirá unha achega económica de 100.000 euros para a súa vindeira colección, e será convidado a participar na final internacional promovida pola Milan Fashion Week.