Catro deseñadores exhibirán a moda galega na Cibeles Fashion Week

Sara Coleman presenta a súa colección por primeira vez entre as primeiras firmas da pasarela

| Santiago. Redacción | Seccións: Moda
Compartir:

Comezou exhibindo a súa creación en El Ego, a sección para novos talentos (que, por certo, este ano conta coa participación da deseñadora pontevedresa Victoria Monasterio), pero acaba de dar o salto á primeira liña. Sara Coleman estréase este ano como deseñadora entre as grandes firmas na gran pasarela da moda española, a Cibeles Fashion Week. Estará ao lado de figuras consagradas como Kina Fernández, Roverto Verino ou Adolfo Domínguez, que tamén acoden á cita. Todos eles ofrecerán as súas interpretacións para o outono e inverno 2011-2012. A pasarela, que comeza hoxe, permitirá seguirá os desfiles a través da rede.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Moda, Adolfo Domínguez

Claves

Protagonistas
Entidades