Kina Fernández é a única deseñadora galega que participará na renovada pasarela Cibeles

Tres novas deseñadoras participarán en El EGO, a sección máis alternativa

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A vindeira cita coa moda será do 15 ao 19 de setembro en Madrid. É cando a pasarela Cibeles celebra a súa 48 convocatoria, que presenta un renovado deseño e se converte, tal e como se anunciou tempo atrás, na Cibeles Fashion Week. Entre o listado de deseñadores na pasarela principal só figura a coruñesa Kina Fernández, que presenta para a muller da primaveira-verán 2008 un estilo de corte mariñeiro. Canda isto, na pasarela máis alternativa El EGO hai tres nomes galegos: son os de Lorena Rodríguez, Blackhaus e Sara Lage. Ademais, entre outras das novidades desta edición, unha mostra dos desfiles participarán no "Made in Mad" de Berlín.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Moda, Berlín, Madrid

Claves

Entidades
Lugares