Os creadores presentan as súas últimas propostas en varias pasarelas

Manuel Bolaño achegou a Barcelona unha colección inspirada na cultura castrexa

| Santiago. Redacción | Seccións: Moda
Compartir:

080 Barcelona Fashion Week abre as pasarelas que se desenvolven ao longo do ano e que permiten ver as propostas dos creadores téxtiles. Neste encontro, especificamente pensado para deseñadores independentes, o galego Manuel Bolaño presentou unha colección inspirada en Galicia e a cultura castrexa. A vindeira pasarela galega, a XXV edición de Pontus Veteris, non contará coa presenza de María Mariño, Toypes e Charoa, moi afectados pola crise económica. Canda este encontro, aínda que non é pública a listaxe de deseñadores que participarán do 18 ao 23 de febreiro na Madrid Fashion Week, a creadora galega Sara Coleman estará presente na sección El ego, pensada para os novos talentos.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Barcelona, María Mariño, María Mariño, Madrid...

Claves

Conceptos
Lugares