Manuel Bolaño pon o acento galego na pasarela 080 Barcelona Fashion

Presenta a colección “La premiere toilet” onde o lenzo é o tecido protagonista

9/7/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: moda
22 lecturas | Compartido 0 veces

Manuel Bolaño

Debutou por primeira vez na 080 Barcelona Fashion con “Peliqueiros” unha colección inspirada na tradición do antroido galego. Malia que naceu en Barcelona, Manuel Bolaño, criouse e formouse en Galicia, feito que deixa notar nos seus deseños. Este ano é a única presenza galega na pasarela 080 que arrinca mañá en Barcelona. Bolaño presenta unha colección baseada en lenzos e ángulos rectos. Baixo o titulo de “La premiere toilet”, ten prevista a súa aparición o vindeiro mércores 11 as 18:30 horas.

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Lugares