Destacada participación galega na Semana Internacional da Moda

A deseñadora Isabel Mastache participará en El Ego da pasarela Cibeles

| Santiago. Redacción | Seccións: Moda
Compartir:

Montoto, Sara Colman, Gallaecia fashion.... son algunhas da dezanove firmas galegas que acodirán á Semana Internacional da Moda de Madrid (SIMM). Un encontro que se realiza en paralelo á Cibeles Fashion Week, a gran cita da moda e que aínda non ten confirmado os deseñadores que acudirán, a falta de 15 dias que comece o encontro. No marco de Cibeles, e no apartado denominado El Ego que acolle as propostas máis innovadoras e independentes, estará a galega Isabel Mastache (exalumna de Esdemga, a escola da Universidade de Vigo) cunha colección inspirada na tradición musical de Bulgaria e Romanía.

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Moda, Universidade de Vigo, Madrid, Gallaecia...