A creación galega participará na 51 edición de Madrid Fashion Week

A cita arrinca este xoves 18 de febreiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Moda
Compartir:

Este xoves vota a andar a 51 edición da pasarela Madrid Fashion Week (antes Cibeles), a gran cita da moda española. Un evento no que hai nutrida representación galega tanto na pasarela propiamente dita como en El EGO, a sección para públicos máis independentes na que estarán Sara Coleman e Isabel Mastache. Roberto Verino ofrecerá unha proposta inspirada nos tweed, ombreiras pronunciadas e talles altos; Adolfo Domínguez fai unha revisón dos anos oitenta e achegará uns estilismos no que abondarán os fruncidos e as cores naturais; a coruñesa Kina Fernández, ultimamente coñecida pola crise que atraviesa a súa empresa, centrarase en tecidos grosos como a lan combinadaso con vestido se desa e grandes botóns; e, por último, María barro inspírase nas bolecas de porcelana dos anos trinta para achegar estilismos con seda, tules, organzas e algodóns. A cita coa creación do outono-inverno 2010-2011 terá lugar do 18 ao 23 de febreiro en Madrid.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Madrid, Adolfo Domínguez, Moda

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares