Cumpre 150 anos pero mantén a súa vixencia e actualidade como bandeira da literatura galega. A ConsellarÃa de Cultura inaugurou hoxe unha exposición que documenta a traxectoria de Cantares gallegos co gallo do seu aniversario a través dunha escolma de edicións da obra desde 1863 ata a actualidade, xunto con traducións, estudos crÃticos, antoloxÃas, partituras, audiovisuais e outro material efémero. A exposición titulada RosalÃa de Catro. 150.º aniversario de Cantares Gallegos procede de fondos da Biblioteca de Galicia, da colección particular de Guillermo Escrigas, e tamén de exemplares e materiais cedidos por entidades como o Consello da Cultura Galega, o Parlamento de Galicia, o Centro Galego de Artes da Imaxe ou a Universidade de Santiago de Compostela.