O Consello da Cultura presenta o seu volume de homenaxe a Vidal Bolaño

A institución edita o facsímile de Ruada das papas e o unto

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Como é habitual, o Consello da Cultura Galega súmase á celebración do Día das Letras cunha edición facsimilar dedicada ao autor homenaxeado. A sede da institución en Compostela acollía esta mañá a presentación de Ruada das papas e o unto, un volume que recolle o mecanoscrito desta obra de Roberto Vidal Bolaño, de 1981. Segundo explicou Belén Quintáns, viúva do dramaturgo, este texto "é o máis detallado á hora de coñecer o interese polas artes plásticas" do autor. Así, nesta edición poden aprezarse os debuxos dos personaxes, colaxes e outros elementos gráficos que realizou o autor para acompañar o texto.

A edición inclúe textos introdutorios a cargo de Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura, Camilo Franco e Inma López Silva. Na presentación da obra Manuel Guede, director do Centro Dramático Galego, sinalou que "do mesmo xeito que hai agora 150 anos Rosalía lle deu voz aos que non tiñan voz e axudou a que nos comprendésemos, tamén Vidal Bolaño tivo na nosa época o labor de lle dar forma e sentido ao teatro galego". Asimesmo, apuntou que "a súa figura non parará de medrar cos anos".

O volume estará dispoñible nunha edición no venal de quiñentos exemplares numerados.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Unha ruada de papas e unto

Unha ruada de papas e unto

O Consello da Cultura Galega edita un facsímile dunha obra de rúa de Roberto Vidal Bolaño

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Roberto Vidal Bolaño, Consello da Cultura Galega, Manuel Guede, Inma López Silva...