O Consello da Cultura súmase á celebración do Día das Letras

Blázquez facsimilar

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Unha edición facsímile que inclúe o manuscrito autógrafo “Égloga de Belmiro e Benigno” de Nicomedes Pastor Díaz e mais a edición do texto que fixo Edicións Monterrei en 1951, incluídas as notas de Xosé María Álvarez Blázquez. Esta é a achega que o Consello da Cultura Galega (CCG) facía hoxe ás homenaxes que se están a suceder por todo o país a Xosé María Álvarez Blázquez. Na presentación da obra, o presidente da institución, Ramón Villares, lembrou a importancia do traballo deste autor e investigador. Ao tempo, lembrou que o CCG está a traballar na edición doutros textos previos ao noso Rexurdimento, que se publicarán baixo o rubro “Papés de imprenta condenada”.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé María Álvarez, Xosé María Álvarez Blázquez, Ramón Villares, Rexurdimento...