Vidal Bolaño recolle o premio Max ó mellor autor teatral galego

Max Bolaño

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

A IV Edición dos Premios Max de teatro recoñeceu a Roberto Vidal Bolaño coma mellor autor teatrla galego pola súa obra "Criaturas". A grande triunfadora da noite foi "El verdugo", que se representa estes días en Galicia.

O premio

O premio Max, organizado pola Sociedade Xeral Autoes e Editores (SGAE) naceu hai catro anos para recoñecer o labor dos profesionais do teatro en todos os seus eidos. O nome dos premios débese a Max Estrella, protagonista da obra "Luces de Bohemia" de Valle-Inclán. Os premios constan de vintenove categorías, das que a de espectáculo revelación e a de música en directo entréganse por primeira vez.


As "Criaturas" de Vidal Bolaño

A obra "Criaturas", escrita por Roberto Vidal Bolaño, foi a que lle valeu ó seu autor o recoñecemento coma mellor autor teatral en lingua galega. Ademais da súa obra estaban nominadas na mesma categoría produccións de Manuel Lourenzo e de Cándido Pazó. "Criaturas" xa recibira o premio ó mellor texto orixinal na última edición dos premio "María Casares" de teatro galego.


"El verdugo"

A gañadora da noite foi a obra "El Verdugo", que recibiu sete galardóns a mellor empresa, mellor espectáculo, mellor actor protagonista e de reparto, mellor autor, adaptación e dirección de escea. A obra, da autoría de García Berlanga e que está protagonizada por Juan Echanove, atópase estes días de xira por Galicia, e visitará Ourense, Vigo, Lugo e Pontevedra durante esta semana.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Unha ruada de papas e unto

Unha ruada de papas e unto

O Consello da Cultura Galega edita un facsímile dunha obra de rúa de Roberto Vidal Bolaño

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Premio Max, Teatro, Roberto Vidal Bolaño, Espectáculo...