Compostela e Vigo acollerán as Xornadas sobre viño e cultura galega

Xavier castro coordina estes encontros, que se desenvolven do 25 de abril ao 25 de xuño

| Santiago. Redacción | Seccións: Gastronomía
Compartir:

Achegarse á creación literaria, artística e musical galega ao tempo que se coñecen os viños do país. Esta é a proposta que fai o historiador Xavier Castro nas Xornadas sobre viño e cultura galega, que se desenvolverán entre Compostela e Vigo do 25 de abril ao 25 de xuño. En cada sesión, cataranse diferentes viños de adegueiros galegos que teñan relación coa vida ou a obra dun persoiro da nosa cultura. Maruja Mallo, Julio Camba, Rosalía de Castro, Valle-Inclán e Álvaro Cunqueiro protagonizan as diferentes xeiras do evento, que tamén contarán con ambientación musical. A inscrición á iniciativa, que conta co apoio da Secretaría Xeral de Cultura, está aberta.

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Maruja Mallo, Álvaro Cunqueiro, Rosalía de Castro...