Viveiro acollerá este sábado 1 de abril, o acto central co que a Academia Galega de Belas Artes homenaxea a Maruja Mallo no DÃa das Artes dedicado á pintora. O Teatro Pastor DÃaz acollerá un acto no que o presidente da Academia, Manuel Quintana Martelo e diferente autoridades e especialistas falarán sobre a homenaxada, e que rematará cunha actuación do grupo musical SondeNós. Canda a este evento, son varias as celebracións que se desenvolven en todo o paÃs a lembrar o traballo desta creadora. AsÃ, o Museo de Pontevedra desenvolverá unha acción no mercado municipal orientada aos máis cativos, e presentarase tamén unha bolsa para o pan cun deseño inspirado pola obra de Mallo. En Beluso, parroquia de Bueu cunha intensa relación coa homenaxeada, desenvolverase un contacontos e un acto institucional con presenza da Deputación de Pontevedra. En Riveira, pola súa banda, conmemoran a data esta tarde cunha representación de Mensaxe do Mar, obra de Fantoches Baj sobre a protagonista, que se poderá ver no Auditorio ás 21.30 horas.
A coincidir coa data, as sete sedes de Afundación acollen obradoiros dirixidos a estudantes de educación primaria e secundaria baixo o tÃtulo Confidencias con Maruja, nos que se dan a coñecer "a historia e o labor desta muller adiantada ao seu tempo, artÃfice dunha revolución tanto a nivel artÃstico como social a comezos do pasado século".