Promover a lectura de Valle Inclán (dentro das actividades do Ano do libro e da lectura), a sinatura dun convenio co museo que leva o nome do autor (asinado no mes de xuño por 12.000 euros), o desevolvemento dun roteiro literario (grazas a un convenio coa Mancomunidade de Municipios de Arousa Norte) son algunhas das iniciativas coas que xa colabora a Consellaría de Cultura a difundir a memoria de Valle Inclán. Pero haberá moitas outras no 2011, cando se cumpra o 75 aniversario do pasamento do escritor. Así o fixo público o conselleiro Roberto Varela, no marco dunha xuntanza que mantivo cos resopnsables do Museo Valle Inclán. Alí aproveitou para anunciar que, ao igual que se fixo con Rosalía de Castro este ano no que vivimos o 125 aniversario da morte da nosa meirande poeta, se celebrará a vixencia de Álvaro Cunqueiro e Castelao co gallo do centenario do seu nacemento.