Neste 2011 cúmprense 75 anos do pasamento de Ramón MarÃa del Valle Inclán. A ConsellarÃa de Cultura anunciara no seu momento que estaba a preparar e organizar unha serie de actividades que hoxe concretou nunha rolda de prensa. AÃnda que a súa implicación comezou en agosto, coa sinatura dun convenio coa Fundación Valle Inclán (que permitirá crear un fondo bibliográfico especÃfico, un audiovisual e a representación das súas obras a través da Escola de Teatro Valle-Innova), as actividades públicas visibilizaranse nas vinderas semanas. Primeiro cunha serie de concertos “Claves LÃricas” realizado polo músico Teo Cardalda e dous congresos. Un deles titularase “Valle e as letras” (25-28 de outubro) que rematará coa apertura dunha exposicio´n. O outro congreso chámase “Valle Inclán: RaÃz, universalidade e vangarda”. Ademais, inclúese nesta homenaxe a coprodución do CDG co Centro Andaluz e Trabajo “A noite de Max Estrella”, baseado na obra Luces de Bohemia.