Arriba… e abaixo

Miramemira diversifica a súa actividade abrindo un espazo de arte

Detalle do espazo
Detalle do espazo
Son unha produtora audiovisual. Pero hai un ano, Miramemira cambiou de sede física de traballo cara un local de dúas prantas na rúa de Home Santo, en Santiago, e descubriron que en palabras da súa propietaria Andrea Vázquez, “ tiñamos un espazo no que podían facer outra actividade”. Ao mesmo tempo apareceron Os tres, un colectivo de críticos e artistas cos que decidiron unir as súas sinerxias e darlle un novo camiño. Xorde asi Miramemira Espazo, que abre as súas portas esta tarde coas fotografías de Damián Ucieda.

“É un novo espazo de arte independente” asegura Andrea e que chega para enriquecer o panorama creativo de Galicia. EspazoMiramemira xorde en paralelo á produtora audiovisual especializada en clientes culturais do mesmo nome. Con todo “É a empresa quen nutre económicamente o espazo”, cuxas liñas de programación estarán definidas polo colectivo Os tres. E os tres son Ángel Calvo, Misha Bies Golas e Jorge Varela. Son os responsables da programación que se verá neste espazo ata o mes de xaneiro. “A intención é ter unha exposición cada mes e medio e a ofrecer novos nomes da creación contemporánea” asegura Andrea.

Espazo miramemira preséntase ao público con Damián Ucieda (A Coruña, 1980), un artista recoñecido pero que presenta para este espazo obra que sae do seu rexistro habitual. Foxe das imaxes de gran formato para exhibir polaroids, que recollen eses momentos previos á instantánea definitiva. A exposición estará aberta ata o 31 de maio e poderase ver en horario comercial de mércores a venres ou con cita previa (info@espazomiramemira.com).

Foto da montaxe da exposición

Foto da montaxe da exposición

Polaroids

Polaroids