O Reina Sofía abre o seu espazo á videocreación de Vicente Blanco

Vicente e Sofía

Até o 31 de outubro o “Espazo uno” do Reina Sofía abre as súas portas ás videocreacions de Vicente Blanco (Santiago, 1974). Baixo o título “Algunhas veces pasa cando estados durmidos” preséntase unha peza exclusiva realizada especificamente para as dúas salas que conforman este espazo do museo e coas que pretende facer unha chamada ao espectador. Coa exposición do Vicente Blanco xa son dous os artistas galegos que expuxeron no Reina Sofía, logo de que no 2001 expuxera súas propostas Salvador Cidrás. Dous artistas que estiveron antes no CGAC antes de levar as súas propostas a Madrid.

Máis información en Galicia Hoxe