A seguir a senda de sons electrónicos con aires industriais, Das Kapital acaba de presentar Grecia, o seu segundo traballo. Segundo sinala o grupo na presentación do disco, "Cun pé na electrónica de motor industrial e outro na violencia estrutural, como unha unidade de combate contraria ao pacto melódico, estas oito cancións asumen o erro e o perigo da época". Entre elas, canda a composicións propias, atopamos unha versión do Demoler do grupo peruano Los Saicos, considerada primeira canción punk da historia.
O disco, gravado nos estudios composteláns A Ponte, é o segundo lanzamento de Discos da Máquina, selo formado polo propio grupo en colaboración con outros conxuntos como Ataque Escampe, e está á venda por dez euros ademais de se poder descargar en Bandcamp.