O dúo vigués Yugen Kala debuta con Nothing is original

Un total de 14 de temas de electrónica amosan o traballo do grupo entre 2017 e 2019

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
O dúo vigués Yugen Kala debuta con Nothing is original

Dous irmáns de dezaseis anos compoñen Yugen Kala, a nova proposta de música electrónica que chega desde Vigo. O seu álbum de debut Nothing is original amosa en catorce temas o talento do dúo, unha das tres propostas finalistas na categoría correspondente dos Premios Martín Códax da Música. A fusión de estilos que emprega o grupo, entre ambient, bass ou grime, achega composicións escuras e experimentais, que se foron creando entre 2017 e 2019 e que se remesturaron para achegar unha maior coherencia ao conxunto. Segundo explica a presentación, "nunha clara dialéctica entre máquina e humano, o disco é un torrente de emoción, que transporta constantemente recreacións de imaxes mentais do xeado e escuro ao íntimo e achegado".

O álbum, autoeditado, gravouse en The Church home Studio e foi masterizado nos estudios Radar, propiedade do pai dos compoñentes.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

A final sonora

A final sonora

Os candidatos dos IV Premios Martín Códax da Música amosan moitos nomes novos

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Premios Martín Códax da Música, Vigo

Claves

Lugares