
'Feira' (editado por Tremendo Audiovisual e distribuído por Altafonte) é un álbum conformado por dez cancións nas que De Ninghures traballa coa tradición popular galega dun xeito artesanal, cunha sonoridade e discurso moi característico, para levala á escena actual. Así, e coa incorporación de novas líricas, músicas e sonoridades, a agrupación revisita, actualiza e reivindica o patrimonio cultural do país. Ás xa coñecidas por teresn sido avanzadas, 'Corazón Alionado', 'A Burriña', 'O Último Baile' ou 'En fin, que máis dá' - tema no que colabora Xoel López nas guitarras-, publicadas nos últimos meses, únense 'Aquí', 'Descolorido', 'Feira' e 'Punteada'; mais tamén forman parte do disco temas con retrousos moi celebrados entre o público do país, como o exitoso 'Morena' -galardoado como Mellor Música do Ano 2023 en Galicia nos Premios Ari(t)mar, ou o comentado 'Poço', con produción de David Vieites, 'Hevi. O álbum contará con edición física en vinilo e presentarase ao vivo nun concerto o xoves 13 de marzo na Sala Capitol de Santiago de Compostela, para o que as entradas xa están á venda.