O Consello da Cultura acolle unhas xornadas sobre inmigración

O encontro organizado pola Universidade de Santiago celébrase os días 11 e 12 de abril

10/4/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
31 lecturas | Compartido 0 veces

Inmigración, mercados laborais e traballo doméstico urbano en Europa nos séculos XVIII-XX é o título do encontro que se desenvolve entre mañá e pasado na sede do Consello da Cultura, en Santiago de Compostela. O encontro, que organiza a Universidade de Santiago de Compostela e a École des hautes études hispaniques et iberiques da Casa de Velázquez analizará desde unha perspectiva integrada distintos aspectos dos fluxos migratorios en Europa. As dinámicas migratorias e a súa relación co traballo laboral, o vencello campo e cidade ou a cuestión da inmigración e a integración sociolaboral centran as análises do evento, que estarán a cargo de recoñecidos historiadores internacionais.

Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Europa, Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega