O CGAC repasa a creación alternativa nunhas xornadas

O encontro celébrase entre o 23 e o 25 de maio en Compostela

21/5/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Canles Alternativas de creación é o título do encontro co que grupo de investigación Arte e Estética Contemporáneas da Universidade de Santiago de Compostela e mais o Centro Galego de Arte Contemporánea analizarán as iniciativas artísticas independentes que se deron no noso contorno ao longo das últimas décadas. O encontro celebrarase na sede do CGAC entre o 23 e o 25 de maio e tratará, entre outras cuestións, a relación destas propostas coa arte institucional ou o xeito no que foron evoluíndo.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Universidade de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela, Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)