O Consello da Cultura analizará a relación entre arte e grandes eventos

O encontro celebrarase os días 6 e 7 de outubro

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O Consello da Cultura analizará a relación entre arte e grandes eventos

Arte + Grandes eventos é o título das xornadas coas que o Consello da Cultura e mais o CGAC analizarán o xeito en que as programacións culturais inflúen na creación contemporánea. A espectacularización das obras, a relación coa audiencia, ou a arte como acontecemento mediático son algunhas das cuestións que se tratarán o 6 e o 7 de outubro nas sedes das dúas institucións. Catherine David, Isidoro Valcárcel Medina, Santiago Olmo o José Luís Pardo son algúns dos relatores que participan no encontro.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Santiago Olmo, Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), Consello da Cultura Galega