Unhas xornadas analizarán por vez primeira as moedas galegas

A Facultade de Xeografía e Historia de Santiago acolle o encontro entre o 3 e o 5 de maio

28/4/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

Por vez primeira no noso país, un encontro académico analizará a historia das moedas que se acuñaron en Galicia. A Facultade de Xeografía e Historia, en Compostela, acolle entre os vindeiros 5 e 8 de maio as I Xornadas Internacionais de Historia Monetaria de Galicia. As posibilidades das moedas á hora de documentar os feitos históricos, as peculiaridades das pezas galegas e outras cuestións serán abordadas por unha decena de especialistas internacionais neste encontro. Os organizadores recoñecen que este campo está moi pouco desenvolvido no noso país e agardan con este encontro favorecer a investigación arredor da numismática.

Que che parece esta nova?
20 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Moedas, Xeografía, Santiago de Compostela

Claves

Conceptos