O Consello da Cultura acolle o XIII Congreso de Novos Historiadores

No encontro trataranse cuestións como as fontes documentais, o franquismo ou a transición á contemporaneidade

5/5/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

Novos investigadores con novos traballos. Esta é proposta do XIII Congreso de Novos/as Historiadores/as da Galiza que se celebra desde hoxe e ata o vindeiro venres no Consello da Cultura Galega organizado pola Asociación Galega de Historiadores. No encontro desenvolveranse relatorios sobre as fontes documentais en Galicia, os métodos de investigación, o franquismo e a represión ou a transición da modernidade á Idade Contemporánea no noso país. Entre as intervencións, destacan enfoques tan orixinais coma a análise da historia de Santiago a partir de moedas ou a evolución do servizo doméstico nesta mesma cidade.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documentais, Franquismo, Moedas, Consello da Cultura Galega