Historiadores demandan unha lexislación específica que protexa as investigacións sobre a represión franquista

O dereito a lembrar

25/9/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Historia
20 lecturas | Compartido 0 veces
“Os feitos aos que se chegue a través da metodoloxía científica da historiografía non poden ser enxuizados polos tribunais de xustiza”, é a principal conclusión das xornadas “O dereito a saber, a liberdade de investigar. A represión franquista en Galicia”, que organizaron a Iniciativa Galega pola Memoria, o Consello da Memoria e Asociación pola Memoria Histórica do Grove, e que se celebraron nesta vila arousá entre o 19 e o 22 de setembro. Os historiadores do franquismo demandan tamén que se recoñeza por lei o dereito ao amparo xudicial “para cando estea en perigo algún tipo de proba que poida valer para reconstruír a memoria dese período histórico” e a “garantía para conservar o anonimato das fontes das que se obteñan datos”, entre outros. As xornadas estiveron motivadas polas últimas demandas xudiciais presentadas contra historiadores do período como Dionisio Pereira.

Descarga o documento de conclusións en PDF; sobre a demanda xudicial a Dionisio Pereira no noso buscador


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Dionisio Pereira, Culturagalega, Grove, Memoria Histórica...

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares