Un coloquio analiza a peregrinación medieval de mulleres

O encontro reúne especialistas internacionais entre os día 28 e 30 de maio

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

Tamén as mulleres peregrinaban, tanto a Compostela coma a outros focos da cristiandade. Para analizar este papel, a miúdo descoñecido, o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento celebrará, entre o 28 e o 30 deste mes, o congreso Mulleres e peregrinación na Galicia medieval. No encontro diferentes especialistas internacionais tratarán, entre outras cuestións, a historia da mona Exeria ou de Isabel de Aragón, as redes de camiños a Compostela, as mulleres nas Cantigas de Afonso X ou os actuais proxectos europeos que investigan o fenómeno das peregrinacións.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mulleres, Afonso X, Exeria, Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento...