Un encontro sobre patrimonio reúne no Museo das Peregrinacións especialistas de toda Europa

Patrimonios sen fronteiras

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Baixo o lema "O reto dunha realidade calidoscópica" esta mañá presentábase no Museo das Peregrinacións, en Compostela o V Seminario Transnacional sobre Patrimonio Cultural. Este encontro, que comeza mañá, reúne na capital galega especialistas europeos en políticas deste tipo. As posibilidades turísticas do Patrimonio, as perspectivas da Unión Europea, o caso de Compostela ou o mercado laboral relacionado con este ámbito serán algúns dos temas que se tratarán. No evento participarán representantes de diferentes cidades que integran a rede COESIMA, que agrupa destinos de peregrinación no continente.

Máis información e programa no web da Consellaría (en pdf)

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo das Peregrinacións, Europa, Unión Europea, Santiago de Compostela