Redúcense á metade as axudas para conservar bens Patrimonio da Humanidade

O Ministerio de Educación e Cultura achega 917.300 euros a este fin en 2013

4/4/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

As axudas do Ministerio de Educación e Cultura para a conservación de bens declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO reduciuse a menos da metade. En total, en 2013 destinaranse a este fin 917.300 euros, fronte aos 2 millóns cos que contaba esta liña de axuda no pasado ano. O recorte súmase ao de anos anteriores, xa que en 2010, por exemplo, as axudas distribuían un importe de 2.290.000 euros. No pasado ano, esta liña de apoios subsidiaron diferentes actividades de promoción e restauración no casco histórico de Santiago e arredor da Torre de Hércules.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Patrimonio da Humanidade, Educación, Ministerio de Educación, Torre...