A gloria dos días

O Centro Dramático Galego homenaxea a Roberto Vidal Bolaño con Días sen gloria

4/4/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: espectaculosteatroDía das Letras Galegas 2013
23 lecturas | Compartido 0 veces
Son El e Ela, dúas personaxes sen nome que camiñan cara Compostela nunha viaxe anegada de violencia, de ternura, de derrotas e de vellas fraternidades. De fondo, o Camiño Francés nun momento de esmorecemento deste roteiro de peregrinación. O Centro Dramático Galego presenta un dos pratos fortes da temporada nun ano especial para as artes escénicas. Unha montaxe a partir da obra “Días sen Gloria” de Roberto Vidal Bolaño, o homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. O pano ábrese mañá no Salón Teatro. Coñece no noso vídeo o avance das primeiras escenas e entrevistas cos protagonistas.
Días sen Gloria é unha das obras máis recoñecidas de Roberto Vidal Bolaño. Con ela recibiu o premio Rafael Dieste en 1992 e foi finalista dos Premios Nacionais de Literatura. Fefa Noia ponse á fronte deste texto que conta con Manuel Manquiña e Eva Souto nos papeis principais.

Universo culturagalega.gal