Este 2013 é o ano de Roberto Vidal Bolaño. E o Centro Dramático Galego, o buque insignia das artes escénicas do paÃs vólcase na celebración. Todas as montaxes que produce, coproduce ou participa teñen ao dramaturgo como eixe central. A máis destacada DÃas sen gloria, que asume o CDG, arrinca hoxe cos ensaios. Manuel Manquiña, Sergio Zearreta, Eva Souto, Felisa Segade e Borja Fernández póñense nas mans de Fefa Noia para interpretar a vinte personaxes. A estrea será o vindeiro 5 de abril
Haberá tres coproducións neste ano que se irán estreando ao longo do ano. Unha en abril con Teatro do Aquà para facer Criaturas, outra en maio con Teatro Antroido para BailadELAS e para outubro, con Teatro do Noroeste para recuperar a obra infantil Touporroutou da Lúa e do Sol. Un esquema pensado para trazar a traxectoria vital e profesional de vidal Bolaño “ao presentar o traballo das tres compañÃas nas que centrou a súa actividade ao longo da súa carreira nun fecundo percorrido”, como asegura a nota de prensa.
Será na primavera, a coincidir co DÃa das Letras Galegas, cando se representen outras tres obras de teatro de Vidal Bolaño que xorden da colaboración entre o CDG e as aulas de teatro das tres universidades. Coa Universidade de Santiago, en concreto, coa compañÃa de Teatro do Campus de Lugo presentaránAnimaliños, baixo a dirección de Paloma Lugilde; coa Universidade da Coruña, Rubén Ruibal dirixirá A burla do galo; e coa Universidade de Ourense, Elena Seijo e Fina Calleja poñeránse á fronte de RVB 2013.