O complexo da Cidade da Cultura non se rematará

O Centro de Arte Internacional máis o de Música e das Artes Escénicas non se construirán

| Santiago. Redacción | Seccións: Cidade da Cultura
Compartir:

A Cidade da Cultura non será o complexo que Peter Eisenman deseñou en 1999. O Bloque Nacionalista Galego presentaba onte no Parlamento unha moción reclamando a paralización definitiva. Unha iniciativa que, ademais de AGE, tamén apoiou o Partido Popular. Deste xeito, o Centro de Arte Internacional e o Centro de Música e das Artes Escénicas, os dous edificios que faltan por facer para completar o proxecto inicial non existirán. O PSOE abstívose da votación porque, segundo o seu voceiro, Francisco Caamaño, a paralización obrigará a idemnizar ás construtoras con 18 millóns de euros.

A moción presentada pola nacionalista Ana Pontón non se esgotaba na paralización definitiva dos edificios pentenes de construir. A súa proposta pasa por reprogramar os fondos destinados á actividade da Cidade da Cultura para que destinen “como mínimo, o 50% dos fondos consignados nos orzamentos da Xunta á Fundación Cidade da Cultura, ás axudas aos diferentes sectores da cultura galega e á realización de actividades e difusión das producións culturais galegas no conxunto das aldeas, vilas e cidades galegas”. Ademais, solicita ao Consello da Cultura Galega a elaboración, no prazo de seis meses, dun estudo que “avalíe o impacto cultural, económico e social que tivo a posta en funcionamento da Cidade da Cultura”.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Eleccións culturais (I)

Eleccións culturais (I)

Lingua, Cidade da Cultura e patrimonio acaparan as propostas dos principais partidos

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Artes Escénicas, Francisco Caamaño, Bloque Nacionalista Galego, PSOE...