Preto de 151.00 euros por retiradas de materiais, cen mil fixos por actuacións derivadas da suspensión (que se recuperarÃan de continuar co proxecto porque están en concepto de “adianto de obra”) máis seis mil euros mensuais de mantemento mentres non se toma unha decisión definitiva. En total, 447.000 euros é o custe de paralizar temporalmente a construción Centro da Música e das Artes e do Centro de Arte Internacional. Asà o fixo público a ConsellarÃa de Cultura nunha nota de prensa remitida a medios de comunicación, na que cuantifica o aforro en 72 millóns de euros de adiar a decisión de finalizar eses edificios ata 2014.