O CSIC selecciona un proxecto respectuoso co contorno para o Instituto de Ciencias do Patrimonio

Son os autores da remodelación do Museo de Pontevedra

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Foi seleccionado entre 6 propostas diferentes pero a decisión final do xurado recaeu na proposta do estudo Pesquera Ulargui de Madrid. Un proxecto no que destaca a súa integración coa contorna así como a economía da construción, o aforro no consumo de enerxía, a xestión da auga ou o custo do mantemento posterior do edificio. O edificio, de preto de catro mil metros cadrados, contará con despachos, laboratorios e aloxamento para investigadores. A construción do edificio suporá unha inversión por parte do CSIC de 6.103.000 euros.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con CSIC, Museo de Pontevedra, Economía, Madrid

Claves

Conceptos