A Escola Superior de Arte Dramática de Galicia ven de ser admitida no Instituto Internacional do Teatro (ITI), unha organización asociada oficial da UNESCO para as artes escénicas -danza, teatro e teatro musical- que forma unha rede de excelencia na educación en artes escénicas e de colaboración internacional. Segundo informa o medio especializado Erregueté - revista Galega de Teatro, deste xeito a ESAD de Galicia convértese na única escola de arte dramática do Estado representada no ITI, cuxa central española está no Instituto de Danza Alicia Alonso integrada na Universidad Rey Juan Carlos de Madrid.
A entrada da ESAD nesta institución, creada en 1948 pola UNESCO malia que hoxe é un ente independente desta, supón un recoñecemento á súa proxección internacional. O ITI impulsa plataformas para o intercambio internacional e para a participación na educación das artes escénicas, para principiantes e profesionais por igual, asà coma o uso das artes escénicas para o entendemento mutuo e a paz, segundo consta nos seus obxectivos. O próximo encontro do ITI, que ten máis de 90 centros repartidos polos cinco continentes, celebrarase en Dubai no 2022 a onde acudirá unha comitiva da ESAD de Galicia xunto co Instituto de Danza Alicia Alonso. Neste congreso internacional no que participarán oitenta e sete paÃses a ESAD de Galicia será a voz das escolas superiores de arte dramática de todo o Estado español.