Comeza en Vigo Escénika, o encontro de danza, teatro e música

A Escola de Arte Dramático creará en setembro un obradoiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:

Non se trata só de facer espectáculos senon de aprender aos facer. Escénika, o campus internacional de teatro, música e danza está a se desenvolver esta semana en Vigo da man da Escola Superior de Arte Dramática. No encontro coinciden nomes coma Juan Mayorga, Manuel Lourenzo ou Anne Bogart, que compartirán cos inscritos o seu coñecemento desta arte. Segundo xa nos adiantara o director da escola, Manuel F. Vieites, para o vindeiro mes de setembro iniciará a súa andaina o Obradoiro Teatro Nova, un proxecto que porá en escena obras desenvolvidas na propia escola e que pretende ser o xermolo dunha futura compañía de teatro.

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Danza, Vigo, Obradoiro...