Adíase o proxecto de construír en Navia a Escola Superior de Danza

A proposta inicial pretendía construír en Vigo un campus cultural

| Santiago. Redacción | Seccións: Danza
Compartir:

Era un macroproxecto cultural e educativo.Tratábase de construir unha especie de campus especializado en cultural nos terreos de Navia, en Vigo. Do proxecto inicial, presupostado en 10 millóns de euros, só che segou a facer a Escola Superior de Arte Dramático. Agora, tal e como publica hoxe Faro de Vigo, a Xunta deixa en suspenso a implantación da escola superior de danza. A crise e o recorte en infraestruturas fai que o prxecto de construír o edificio quede no aire.

A escola de arte dramático construíuse en 2010 tras un investimento de 5 millóns de euros, a maior parte deles chegados dos fondos comunitarios Feder. En A día de hoxe, o centro acolle a uns 155 alumnos que estudan Interpretación, Dirección de Escena, Dramaturxia ou Escenografía. O centro, que dispón de 6.000 metros cadrados, conta cun auditorio, teatro ao aire libre, aulas de interpretación, de deseño e unha biblioteca.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Danza, Faro de Vigo, Feder, Teatro

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares